Quen somos

A A.C. Almuinha é unha asociación socio-cultural independente sen ánimo de lucro, nacida en Febreiro de 2008 coa vontade de ser un instrumento plural e aberto para a defensa e promoción da lingua e da cultura galegas, obxectivo principal da nosa asociación.


Somos un grupo de persoas comprometidas coa realidade en que vivimos, polo que entre os nosos principios figuran a defensa dos intereses da nosa vila, a xustiza social, a igualdade de todas as persoas, a defensa e protección do medio, a soberanía dos pobos e a solidariedade internacional, enmarcando toda a nosa actuación desde unha perspectiva de compromiso co noso País e da firme defensa dos dereitos da nosa Terra.


Sem comentários: